miércoles, 29 de mayo de 2013

Pensemos no futuro.


O cambio climático ten moitas consecuencias, pero entre as máis salientables e perxudicias atópanse algunhas como poden ser grandes alteracións físicas, como a elevación do nivel do mar, enormes deterioros ambientais e serias ameazas para a humanidade, así como extensión de enfermidades, danos por acontecementos climáticos violentos, perda de colleitas, disminución dos recursos hídricos...

Ao buscar a causa desta aceleración atopouse que existe unha relación directa entre o calentamiento global ou cambio climático e o aumento das emisións de gases de efecto invernadero provocado polas sociedades humanas tanto industrializadas como en desenvolvemento, un destes gases é o dióxido de carbono, o cal, o seu nivel de emisións aumentou un 31% nas últimas décadas. Entre os grandes problemas que éste en exceso produce están algúns; como o aumento da temperatura terrestre, a subida do nivel do mar, aumento da propagación de enfermidades infecciosas, desprazamento das especies a lugares mellor adaptados as súas condicións (algunhas extinguiranse ao non atopalos) ou a maior frecuencia e intensidade de fenómenos meteorolóxicos extremos. Non creo que ninguén queira chegar a esta situación, pero se non comezamos a remediala agora, despois xa será moi tarde.
E que podemos facer nós? Pois non é necesario facer grandes traballos, con usar menos o coche xa estamos axudando a mellorar esta situación. Compartide o coche, empregade outros medios de transporte, e ademais non só axudaredes a previr isto, senón que tamén aforraredes para vós mesmos. Facédeo non custa tanto!

Bibliografía :
Ecojoven.com    Un blog publicado por Cristian Frers, técnico superior en gestión ambiental y técnico superior en comunicación social.



Anabel Fernández Giráldez 1ºBachA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario