sábado, 15 de junio de 2013

Zermatt


Parece imposible que poidamos vivir sen utilizar combustible nos nosos vehículos, pero o certo é que xa hai algúns pobos nos que os combustibles non son moi empregados que se diga.
Un exemplo desta práctica podería ser a localidade situada no fondo do valle do Cervino, no sur de Suíza, chamada Zermatt. Este lugar, ademais de contar con una estación de esquí moi importante e una gran cantidade de hoteis, conta con una das atmosferas máis limpas de Europa.
Esta localidade foi precursora na búsqueda de unha atmosfera limpa para os seus habitantes. A cidade suiza declarouse enimiga  da contaminación e do uso de combustibles fósiles na década dos anos 60 do seculo pasado, conbertendose nunha das primeiras ecocidades.
Hoxe en día, os vehiculos que poden transitar por este lugar deben ser propulasados por enerxía eléctrica, tanto se no transporte público como coches particulares.
O que todos nos deberíamos preguntar e porque o resto do mundo non tomamos exemplo de esta e outras ecocidades e comezamos a coidar o que temos.
En España xa hai algúns focos importantes de ecocidades como a de Valdespastera, en Zaragoza ou algunha en Navarra.





Fontes:
Diario del viajero: Guía turistica
reciclaenvases: página de definición de ecociudad a partir de imágenes
Valdespartera: ecocidade española

Feito por David Piñeiro López

miércoles, 5 de junio de 2013



O vídeo o di todo, espero que sirva para que abrámolos ollos.
                       


                                                                                                           Tomás Valderrama Santomé

                                 

miércoles, 29 de mayo de 2013

Pensemos no futuro.


O cambio climático ten moitas consecuencias, pero entre as máis salientables e perxudicias atópanse algunhas como poden ser grandes alteracións físicas, como a elevación do nivel do mar, enormes deterioros ambientais e serias ameazas para a humanidade, así como extensión de enfermidades, danos por acontecementos climáticos violentos, perda de colleitas, disminución dos recursos hídricos...

Ao buscar a causa desta aceleración atopouse que existe unha relación directa entre o calentamiento global ou cambio climático e o aumento das emisións de gases de efecto invernadero provocado polas sociedades humanas tanto industrializadas como en desenvolvemento, un destes gases é o dióxido de carbono, o cal, o seu nivel de emisións aumentou un 31% nas últimas décadas. Entre os grandes problemas que éste en exceso produce están algúns; como o aumento da temperatura terrestre, a subida do nivel do mar, aumento da propagación de enfermidades infecciosas, desprazamento das especies a lugares mellor adaptados as súas condicións (algunhas extinguiranse ao non atopalos) ou a maior frecuencia e intensidade de fenómenos meteorolóxicos extremos. Non creo que ninguén queira chegar a esta situación, pero se non comezamos a remediala agora, despois xa será moi tarde.
E que podemos facer nós? Pois non é necesario facer grandes traballos, con usar menos o coche xa estamos axudando a mellorar esta situación. Compartide o coche, empregade outros medios de transporte, e ademais non só axudaredes a previr isto, senón que tamén aforraredes para vós mesmos. Facédeo non custa tanto!

Bibliografía :
Ecojoven.com    Un blog publicado por Cristian Frers, técnico superior en gestión ambiental y técnico superior en comunicación social.



Anabel Fernández Giráldez 1ºBachA.

Escapes que afogan


Contaminar: Alterar de forma nociva a pureza ou as condicións normais duna cousa ou un medio por axentes químicos ou físicos.
Dende a revolución industrial, os seres humanos temos levado a practica miles de acción contaminantes co único obxectivo de satisfacer as súas necesidades actuais sen pensar en que están pondo en grave risco as sociedades futuras, a todo o ecosistema que o rodea e incluso a eles mesmo.
Fai uns meses, nun dos países con máis industria do mundo viviu una situación un tanto complicada. Este país foi china, e a súa gran cantidade de contaminación na atmosfera fixo practicamente imposible de respirar, facendo imposible calquera práctica deportiva ó aire libre e creando algúns efectos secundarios na saúde das persoas pola inhalación de estes gases.
Algúns cidadáns decidiron levar postas mascaras para reducir a contaminación inxerida.
O goberno, dada esa situación, o único que puido facer foi aconsellar a poboación destes centros urbanos afectados de que empregasen o transporte público para diminuír o tránsito das cidades e así non agravar máis a situación.
Por desgraza, houbo que esperar a que precipitase e aumentasen os ventos para así dispersar un pouco ese ambiente.
Aínda estamos a tempo de que non nos ocorra o mesmo ca eles, e para iso, só temos que cambiar algúns dos nosos hábitos. O que está claro e que con cada práctica que fagamos pensando no beneficio individual, acabará por converterse en un golpe contra nos mesmos. Noutras palabras: Toda acción ten a súa reacción da mesma intensidade, coa mesma dirección e aplicada en polos opostos.
Fontes:
noticias de prensa latina: mediadas do goberno contra a contaminación
noticias: paxina web sobre noticias de actualidade
rtve: radio televisión española

Feito por David Piñeiro López

Concientízate.

     Un vehículo para desprazarse debe adquirir enerxía dalgunha fonte. No caso dun vehículo convencional, a súa enerxía atópase almacenada nun combustible fósil, que se libera mediante a combustión no interior dun motor a explosión convencional. Estes combustibles fósiles son primordialmente derivados do petróleo (gasolina, diésel) polo que producen maioritariamente CO2 na súa combustión.




     Unha maneira de saber as emisións de CO2 dun vehiculo é fixarnos na información que dá o fabricante. Para iso utilízase a seguinte táboa:

                        g CO2 / km


Máis de 200
Excesivamente contaminante
200-160
Moi contaminante
140-160
Bastante contaminante
120-140
Contaminante
100-120

Pouco contaminante
Menos de 100 gr/km
Os menos contaminantes

     En canto ao transporte, recoméndase utilizar o transporte público o máximo posible, ou ben ir andando ou en bicicleta. O obxectivo é limitar o uso do automóvil e, en caso de utilizalo, facelo de forma racional, por exemplo, compartindo vehículo con outras persoas para ir ao traballo. Outra enorme fonte de gases de efecto invernadoiro son os voos de avión. Os voos intercontinentais, ao ser realizados por avións máis grandes, adoitan levar a máis pasaxeiros e ter un consumo por pasaxeiro menor. Unha iniciativa saudable é utilizar o tren cando o tempo e o traxecto permítano, en lugar do coche ou o avión, posto que o seu nivel de emisións contaminantes é moito menor.


     Nesta páxina poderedes atopar unha calculadora de emisións de CO2 a partir dos diferentes medios de trasporte e fontes de enerxía.





Eduardo E. Leitão 1ºBach A
Bibliografía:

  - Páxina da organización ecolocica "Ecologistas en acción".

  - "Arboliza" páxina ecolóxica oficial de reflorestación nacional.

domingo, 26 de mayo de 2013

el beneficio o la vida?!

Según de todos los tipos de la contaminación me resulto una conclusión:La gente tiene la tendencia a mejorar su propia vida, aunque los deseos son infinitivos.  Para llegar a ese destino se realiza en todos los recursos que puede utilizarse.Mientras que ni considera como mal las influencias que produzco.De este forma,se gastó demasiado los recursos y destruye la ambiental. Como la contaminación del agua y emite CO₂ en el aire.Para contra estas acciones necesitamos quitar algunos beneficios cambia a un mejor ambiental para vivir(como,las países,las empresas...hasta una cosa pequeña). Accionamos ahora no esta tarde. Uno a uno,poco a poco.VAMOS !!!!!!!!!!!!!!!




                                                      BINLEI WANG    1ºBachA

viernes, 17 de mayo de 2013

Coidemos o noso planeta!

Suponse que cando sementamos é para algún día poder chegar a recoller o que plantamos, pero se non o sementamos, nunca o recolleremos. Pasa o mesmo coa contaminación, se día tras día contaminamos sen límites, o noso planeta esnaquízase a pasos xigantescos. Sen embargo , se cada día realizamos a nosa vida normal, pero intentando contaminar menos, nun futuro, o agradeceremos. E entón por que non comezar xa? Os coches emiten moitos gases os cales prexudican ao medio, entón poderiamos falar cos nosos veciños, e chegar a un acordo, por exemplo para ir a traballar usar un só coche para as persoas que teñan o mesmo destino, coas cinco prazas ocupadas. Desta forma as persoas que nos rodean tamén se mentalizarán. É unha boa maneira de empezar a concienciarnos, porque se non é agora, cando?





Non tardes en actuar, o noso futuro depende do noso presente.

                                                                                                            Anabel Fernández Canosa 1ºBachA


jueves, 16 de mayo de 2013

Non é suficiente.

 A explotación dos recursos naturais, para a posterior produción e destrución dos bens que ofrece o mercado, é outro acto que libera unha gran cantidade de CO2 e outros tóxicos a atmosfera. Vexamos isto dunha maneira máis didáctica:

Recorda que isto comeza cambiando cunha iniciativa propia. Actúa.

Nuria Serodio 1ºBachA

sábado, 11 de mayo de 2013

Pedalea, é vida¡

É tan difícil usar a bicicleta para desprazarnos? Por norma xeral, a maioría dos desprazamentos que facemos son dentro da cidade non? Todos sabemos como é coller o coche pola cidade: arranca, para, cláxon, fume, arranca, para... É asi todo o tempo e as veces podes tardar incluso máis que se foses andando.

Por iso, porque non evitar todo isto usando a bicicleta? Non só ten a ventaxa de evitar o tráfico, é moito máis que iso:

  • Aforramos en combustible xa que non o necesita para funcionar, porque somos nos os que a facemos moverse, polo que tampouco emite gases contaminantes nin de efecto invernadoiro asique de paso facémoslle un favor a natureza e ao medio ambiente.
  • Aforramos cambios de aceite, revisións, averías... porque o único mantemento que pode ter arránxase facilmente polas nosas mans.
  • Melloramos a saúde, as articulacións, a silueta, fortalecemos os ósos e o sistema inmunolóxico co que aforramos en medicamentos, ximnasios e produtos adelgazantes mellorando a nosa calidade de vida.
  • Non temos que pagar impostos por usala, podemos aparcar en calquera sitio aforrando os parkings.
  • E o mellor de todo é que o medio de transporte máis divertido¡¡¡

Únete o gran grupo de persoas que disfrutan deste gran medio de transporte¡¡ É o mellor que podemos facer, son todo ventaxas (o digo por experiencia). Tomás Valderrama Santomé 1º BACH A

domingo, 5 de mayo de 2013

Menos contaminación, máis vida.



Partindo da súa definición, o cambio climático é unha modificación do clima que se produce en diferentes períodos de tempo. Unha das causas que o orixina é o uso de combustibles fósiles (carbón e petróleo, por exemplo), que se empregan nos transportes, aumentando o dióxido de carbono que se emitide á atmosfera.

Nós, os humanos, son os principais responsables do cambio climático, é dicir, das inundacións que deixan sen fogar a millóns de persoas nestes anos, dos fortes cambios meteorolóxicos, das desertificacións, do aumento das temperaturas acompañada dunha redución das precipitacións e o aumento do nivel do mar provocado polo desxeo. Isto levará consigo a redución da actividade económíca, xa que os portos quedarán inundados e os ecosistemas mudarán. Ademais, destrúese á atmosfera, responsable de que exista vida no noso planeta.












Da cordo co noso obxectivo, isto é, reducir as emisións de CO2 producidas polos vehículos, propoñemos diferentes solucións, entres elas están: comprar un vehículo híbrido ou con biocombustibles cos cales pódese aforrar 1.360 kilos de dióxido de carbono ó ano, empregar a marcha adecuada á velocidade, non frear nin acelerar bruscamente e, en xeral, manter o número de revolucións do motor tan baixo como séa posible. Aconséllase non conducir en horas puntuais, usar menos o automóbil (é dicir, camiñar, ir en bicicleta, compartir o vehículo e empregar o transporte público), non viaxar frecuentemente nin a lugares afastados por puro pracer e revisar a miúdo os neumáticos, desta forma por cada litro de gasolina evítase a emisión de tres kilos de dióxido de carbono.

Bibliografía:

-Unha páxina informativa denominada Jasanone's Weblog.

- A imaxe foi subtraída deste blog que recibe o nome de Ciencia Contemporánea e que foi escrito por unha estudante.

-Blog realizado por alumnos dos I.E.S.s Andrés de Vandelvira (Albacete), Ramón y Cajal (Albacete) y Cencibel (Villarrobledo) chamado Filosofia CientOOnce.






Nuria Serodio 1ºBachA.