viernes, 17 de mayo de 2013

Coidemos o noso planeta!

Suponse que cando sementamos é para algún día poder chegar a recoller o que plantamos, pero se non o sementamos, nunca o recolleremos. Pasa o mesmo coa contaminación, se día tras día contaminamos sen límites, o noso planeta esnaquízase a pasos xigantescos. Sen embargo , se cada día realizamos a nosa vida normal, pero intentando contaminar menos, nun futuro, o agradeceremos. E entón por que non comezar xa? Os coches emiten moitos gases os cales prexudican ao medio, entón poderiamos falar cos nosos veciños, e chegar a un acordo, por exemplo para ir a traballar usar un só coche para as persoas que teñan o mesmo destino, coas cinco prazas ocupadas. Desta forma as persoas que nos rodean tamén se mentalizarán. É unha boa maneira de empezar a concienciarnos, porque se non é agora, cando?





Non tardes en actuar, o noso futuro depende do noso presente.

                                                                                                            Anabel Fernández Canosa 1ºBachA


No hay comentarios:

Publicar un comentario