domingo, 5 de mayo de 2013

Menos contaminación, máis vida.



Partindo da súa definición, o cambio climático é unha modificación do clima que se produce en diferentes períodos de tempo. Unha das causas que o orixina é o uso de combustibles fósiles (carbón e petróleo, por exemplo), que se empregan nos transportes, aumentando o dióxido de carbono que se emitide á atmosfera.

Nós, os humanos, son os principais responsables do cambio climático, é dicir, das inundacións que deixan sen fogar a millóns de persoas nestes anos, dos fortes cambios meteorolóxicos, das desertificacións, do aumento das temperaturas acompañada dunha redución das precipitacións e o aumento do nivel do mar provocado polo desxeo. Isto levará consigo a redución da actividade económíca, xa que os portos quedarán inundados e os ecosistemas mudarán. Ademais, destrúese á atmosfera, responsable de que exista vida no noso planeta.












Da cordo co noso obxectivo, isto é, reducir as emisións de CO2 producidas polos vehículos, propoñemos diferentes solucións, entres elas están: comprar un vehículo híbrido ou con biocombustibles cos cales pódese aforrar 1.360 kilos de dióxido de carbono ó ano, empregar a marcha adecuada á velocidade, non frear nin acelerar bruscamente e, en xeral, manter o número de revolucións do motor tan baixo como séa posible. Aconséllase non conducir en horas puntuais, usar menos o automóbil (é dicir, camiñar, ir en bicicleta, compartir o vehículo e empregar o transporte público), non viaxar frecuentemente nin a lugares afastados por puro pracer e revisar a miúdo os neumáticos, desta forma por cada litro de gasolina evítase a emisión de tres kilos de dióxido de carbono.

Bibliografía:

-Unha páxina informativa denominada Jasanone's Weblog.

- A imaxe foi subtraída deste blog que recibe o nome de Ciencia Contemporánea e que foi escrito por unha estudante.

-Blog realizado por alumnos dos I.E.S.s Andrés de Vandelvira (Albacete), Ramón y Cajal (Albacete) y Cencibel (Villarrobledo) chamado Filosofia CientOOnce.






Nuria Serodio 1ºBachA.







1 comentario:

  1. É imprescindible que nós, de forma individual, nos tomemos en serio parar o cambio climático e facer todo o que estea na nosa man para convertir o noso mundo nun lugar menos contaminado. Tamén é importante agruparse, formar grupos de veciños, de amigos, pois poderemos conseguir obxectivos moito maiores dos que conseguiriamos de maneira individual. Non debemos esquecer que na unión está a forza. Por exemplo, unha comunidade de veciños ponse de acordo cunha cooperativa ecolóxica da contorna para que reparta entre os membros da comunidade leite, ou pan, ou verduras, e logo retornar os envases. Desta maneira conseguimos, en primeiro lugar, apoiar á tan necesaria produción ecolóxica e potenciar o seu desenvolvemento con demanda; en segundo lugar reducimos a cantidade de envases que usamos (e polo tanto tiramos); tamén, aínda que de forma indirecta, reducimos a cantidade de CO2 que se emite na admosfera, pois ao mercar produtos locais, deixamos de mercar outros producidos na outra punta do mundo (non sei se sabedes que a maior parte do CO2 que se emite vén do transporte de alimentos a grandes distancias)e ademais fomentamos a cooperación entre nós.
    Tampouco nos podemos esquecer da loita contra as grandes empresas e multinacionais, que son as que máis se pasan polo forro os dereitos dos animais, do medio ambiente e, si, os dereitos humanos tamén, e ademais, están respaldadas polos gobernos e polas políticas internacionais máis do que o estamos os propios cidadáns e cidadás.
    Hai organizacións como Greenpeacer que levan anos perseguindo ás multinacionais e tentando facer do noso planeta un lugar mellor. Colaborar con eles aínda que sexa asinando os seus proxectos, non custa nada, e pode facer moito. Aqui podedes entrar na páxina de Greenpeace España, e facer un seguimento dos seus proxectos: http://www.greenpeace.org/espana/es/
    O último foi evitar que a petroleira Shell continuase a búsquedad de petróleo no Ártico.
    Ben, xa acabo, recordando o que se considera o lema da actitude ecolóxica: pensa global, actúa local.

    Irma, 1º Bach B

    ResponderEliminar