miércoles, 29 de mayo de 2013

Concientízate.

     Un vehículo para desprazarse debe adquirir enerxía dalgunha fonte. No caso dun vehículo convencional, a súa enerxía atópase almacenada nun combustible fósil, que se libera mediante a combustión no interior dun motor a explosión convencional. Estes combustibles fósiles son primordialmente derivados do petróleo (gasolina, diésel) polo que producen maioritariamente CO2 na súa combustión.




     Unha maneira de saber as emisións de CO2 dun vehiculo é fixarnos na información que dá o fabricante. Para iso utilízase a seguinte táboa:

                        g CO2 / km


Máis de 200
Excesivamente contaminante
200-160
Moi contaminante
140-160
Bastante contaminante
120-140
Contaminante
100-120

Pouco contaminante
Menos de 100 gr/km
Os menos contaminantes

     En canto ao transporte, recoméndase utilizar o transporte público o máximo posible, ou ben ir andando ou en bicicleta. O obxectivo é limitar o uso do automóvil e, en caso de utilizalo, facelo de forma racional, por exemplo, compartindo vehículo con outras persoas para ir ao traballo. Outra enorme fonte de gases de efecto invernadoiro son os voos de avión. Os voos intercontinentais, ao ser realizados por avións máis grandes, adoitan levar a máis pasaxeiros e ter un consumo por pasaxeiro menor. Unha iniciativa saudable é utilizar o tren cando o tempo e o traxecto permítano, en lugar do coche ou o avión, posto que o seu nivel de emisións contaminantes é moito menor.


     Nesta páxina poderedes atopar unha calculadora de emisións de CO2 a partir dos diferentes medios de trasporte e fontes de enerxía.





Eduardo E. Leitão 1ºBach A
Bibliografía:

  - Páxina da organización ecolocica "Ecologistas en acción".

  - "Arboliza" páxina ecolóxica oficial de reflorestación nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario