miércoles, 29 de mayo de 2013

Escapes que afogan


Contaminar: Alterar de forma nociva a pureza ou as condicións normais duna cousa ou un medio por axentes químicos ou físicos.
Dende a revolución industrial, os seres humanos temos levado a practica miles de acción contaminantes co único obxectivo de satisfacer as súas necesidades actuais sen pensar en que están pondo en grave risco as sociedades futuras, a todo o ecosistema que o rodea e incluso a eles mesmo.
Fai uns meses, nun dos países con máis industria do mundo viviu una situación un tanto complicada. Este país foi china, e a súa gran cantidade de contaminación na atmosfera fixo practicamente imposible de respirar, facendo imposible calquera práctica deportiva ó aire libre e creando algúns efectos secundarios na saúde das persoas pola inhalación de estes gases.
Algúns cidadáns decidiron levar postas mascaras para reducir a contaminación inxerida.
O goberno, dada esa situación, o único que puido facer foi aconsellar a poboación destes centros urbanos afectados de que empregasen o transporte público para diminuír o tránsito das cidades e así non agravar máis a situación.
Por desgraza, houbo que esperar a que precipitase e aumentasen os ventos para así dispersar un pouco ese ambiente.
Aínda estamos a tempo de que non nos ocorra o mesmo ca eles, e para iso, só temos que cambiar algúns dos nosos hábitos. O que está claro e que con cada práctica que fagamos pensando no beneficio individual, acabará por converterse en un golpe contra nos mesmos. Noutras palabras: Toda acción ten a súa reacción da mesma intensidade, coa mesma dirección e aplicada en polos opostos.
Fontes:
noticias de prensa latina: mediadas do goberno contra a contaminación
noticias: paxina web sobre noticias de actualidade
rtve: radio televisión española

Feito por David Piñeiro López

No hay comentarios:

Publicar un comentario